jueves, 29 de noviembre de 2012

A MÁQUINA DE ARRANXAR PROBLEMAS


                 O 27 de novembro o alumnado do CEIP As Bizocas de O Grove participou nos talleres. Comecei cos cursos 1º, 2º e 3º de Primaria, e mirade cantas novas ideas aportaron ao proxecto.
3º Primaria. Deseñando máquinas.
 
E aportaron as súas ideas:
“Donde non haxa escolas daranse clases nas casas dos habitantes”
“ Retirar as armas do mundo”
“ Montar prantas potabilizadoras de auga”
“Respetar aos animais”

3º primaria.


Mirade que máquina de reciclaxe:

1º primaria
     Nótase que o colexio está situado nun entorno privilexado, dende as súas aulas vese a Praia da Balea e a Illa de Ons, por eso preocúpalles moito coidalo.
Rematamos posando xunto as nosas máquinas:
1º,2º e 3º primaria.


A seguinte sesión foi c@s cativ@s do colexio, conteilles un conto e tamén quixeron expresar as súas ideas:

“ Non talar as árbores”
“Non arroxar lixo onde non debemos”
“Limpar os montes”


Ademáis pintaron uns patiños moi especiais e debuxaron as súas ideas para merorar o mundo.

A terra hai que coidala.

 
                  Recortamos os patiños e ...
                                              
                              … pegámolos nun mural.
Mirade o resultado:
21 patiños coas ideas para cambiar o mundo d@s nen@s de infantil.
Reamatei a mañá cos cursos de 4º, 5º e 6º de primaria, están moi concienciados dos problemas que ten o mundo e traballamos co DEREITO A IGUALDADE.
Ideas:
"Crear máis postos de traballo "
" Que non desafiucen as familias"
"Igualdade de xénero" 
 
Posan orgullos cos seus traballos, tan boas ideas en tan pouco tempo era misión difícil.
                                    
                                   
                    



Non ao machismo.

                                                  
"Todos somos amigos inda que non vivamos xuntos".
                                           
 
"Empregar ben o diñeiro".
Despídome pero non antes de agradecer a tod@s a súa colaboración no proxecto, e moitas grazas polo tarxetón co que me agasallaron @s nen@s do colexio.
 


Fíxome moitísima ilusión.



 





 


martes, 27 de noviembre de 2012

OS ANIMAIS EN PERIGO DE EXTINCIÓN



O día 26 de novembro volvín ao CEIP O PROGRESO en Catoira. Unha vez máis acolléronme nas súas aulas  e participaron activamente nos talleres.

Comezamos c@s alumn@s de 3ºB,  despois de explicar os problemas que ten o mundo contáronme grandes ideas para solucionalos.
Preocúpalles a natureza e moito os animais en perigo de extinción, entón decidimos facer un mural con especies en perigo para colgar no colexio.





Ideas:

“ Cubrir A Isla Sucia cun prástico xigante para que non entre o lixo”
“Recoller a auga da choiva nunha gran botella cun grifo, para repartir por todo o mundo”
“Un barco escola que surque os mares"
“Unha batidora xigante que filtre o sal da auga e sexa potable”
3ºB. Animais en perigo de extinción.
 

Fixádebos nos detalles.
E o resultado final:
3º B
Cos grupos de 2ºA e 2º B fixen a actividade “Un agasallo para O Señor Mundo”
Repartín unas tarxetas nas que había palabras e outras con frases dos dereitos da infancia para que debuxaran  as súas ideas.



“Que beban y comas todos”


"Unha nube que rega a todo o mundo"


"Ir ao bosque cun sombreiro a vixiar que se cuiden os animais"
E ao final posaron todos
2ºA


2º B

“Facer medicamentos coas frores” " Regar as prantas " " Cambiar unha rá por unha fror" " Auga da choiva para os prados"
2ºB


Rematei o día c@s alumn@s de 2º de ESO.
       Tamén aportaron novas e orixinais ideas ao proxecto. Agradecer a súa mestra Aia Prego adicar tempo da súas clases para preparar a actividade.
Cando cheguei xa tiñan as ideas moi claras, dias antes traballaron coa mestra na aula.
"Non recortar na educación e a sanidade"
" Maís poder para a xente do pobo"
" Dar traballo en vez de quitalo"
2º ESO


E deixáronnos un video:

(As risas son polos nervios, non bromeamos con temas serios)
 

2º ESO


Agradecer con toda sinceridade aos mestres e mestras do centro, e ao alumnado a súa participación no proxecto.  Grazas por facer que me sentise coma na miña casa.

domingo, 25 de noviembre de 2012

NA PROCURA DE NOVAS IDEAS



O  venres 23 de novembro o CEIP A Gándara de Monforte de Lemos abríu as portas ao proxecto "2015 Ideas para Cambiar O Mundo"
Inventando máqunas. 2ºA. Primaria
 
Comezamos cunha choiva de ideas:
“ Chamar ao programa “Esta casa é una ruina” para que construan  casas aos que as precisen”
“Mercar un bolígrafo de axuda aos pobres”
“ Poñer carteis no mar de non arroxar lixo”
“ Reciclar a auga da choiva.
E de seguida @s nen@s deseñaron as súas máquinas de arreglar problemas
2ºA

Tamén quixeron enviar as súas mensaxes en video:




Mirade que ben se expresan.

Eles o teñen moi claro.

 


@s nen@s de 2º B tamén tiveron grandes ideas:
     “Respectar aos demáis”
    A máquina de arreglar problemas. 2ºB
    “Quitar todas as armas do mundo”
    “Aforrar enerxía”
    “Utilizar o transporte público”

     Mirade como traballan.
Axudar ao Mundo.2ºB.


2ºB
 Explicaron as súas máquinas nuns videos:


 Máquinas de arreglar problemas.

                                             2ºB



Pola tarde @s alumn@s de 1º de Primaria contáronme cales eran os problemas do mundo e dixéronme ideas para solucionarlos.


"Aforrar auga"
"Reciclar"
" Non talar árbores sen repoboar"
"Limpar os montes"

 
Pintamos un bosque tal e como nos gustaría que fose na realidade.


Co seu arco da vella, seus animais e lagoas.
 


1º Primaria


E xa tocaba marchar, pero coma era venres …




… deunos tempo a bailar ao ritmo Dos Cantaxogos.
1º Primaria.


      Non me despido sen antes dar as grazas, as mestras por abrirme as portas do centro e aulas, e  aos nenos e nenas pola vosa ilusión e ganas de cambiar O Mundo.