Mostrando entradas con la etiqueta CEIP o Progreso Catoira. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CEIP o Progreso Catoira. Mostrar todas las entradas

martes, 27 de noviembre de 2012

OS ANIMAIS EN PERIGO DE EXTINCIÓN



O día 26 de novembro volvín ao CEIP O PROGRESO en Catoira. Unha vez máis acolléronme nas súas aulas  e participaron activamente nos talleres.

Comezamos c@s alumn@s de 3ºB,  despois de explicar os problemas que ten o mundo contáronme grandes ideas para solucionalos.
Preocúpalles a natureza e moito os animais en perigo de extinción, entón decidimos facer un mural con especies en perigo para colgar no colexio.





Ideas:

“ Cubrir A Isla Sucia cun prástico xigante para que non entre o lixo”
“Recoller a auga da choiva nunha gran botella cun grifo, para repartir por todo o mundo”
“Un barco escola que surque os mares"
“Unha batidora xigante que filtre o sal da auga e sexa potable”
3ºB. Animais en perigo de extinción.
 

Fixádebos nos detalles.
E o resultado final:
3º B
Cos grupos de 2ºA e 2º B fixen a actividade “Un agasallo para O Señor Mundo”
Repartín unas tarxetas nas que había palabras e outras con frases dos dereitos da infancia para que debuxaran  as súas ideas.



“Que beban y comas todos”


"Unha nube que rega a todo o mundo"


"Ir ao bosque cun sombreiro a vixiar que se cuiden os animais"
E ao final posaron todos
2ºA


2º B

“Facer medicamentos coas frores” " Regar as prantas " " Cambiar unha rá por unha fror" " Auga da choiva para os prados"
2ºB


Rematei o día c@s alumn@s de 2º de ESO.
       Tamén aportaron novas e orixinais ideas ao proxecto. Agradecer a súa mestra Aia Prego adicar tempo da súas clases para preparar a actividade.
Cando cheguei xa tiñan as ideas moi claras, dias antes traballaron coa mestra na aula.
"Non recortar na educación e a sanidade"
" Maís poder para a xente do pobo"
" Dar traballo en vez de quitalo"
2º ESO


E deixáronnos un video:

(As risas son polos nervios, non bromeamos con temas serios)
 

2º ESO


Agradecer con toda sinceridade aos mestres e mestras do centro, e ao alumnado a súa participación no proxecto.  Grazas por facer que me sentise coma na miña casa.

lunes, 19 de noviembre de 2012

SUMANDO IDEAS



         O 19 de novembro realizáronse varios talleres no  CEIP O Progreso en Catoira.
          Contei coa colaboración dos rapaces e rapazas da clase de 3ºA que con gran ilusión aportaron as súas ideas.


Mostráronse moi comprometid@s e algunhas das súas ideas foron  as seguintes:


" Mercar unha máquina de facer billetes "

" Poñer vallas con electricidade que detecte cazadores no monte"

" Que os homes e mulleres teñan os mesmos soldos "

" Non verter lixo ao mar "


A continuación decidimos axudar ao mundo reciclando, e elaboramos un mural con catro contenedores de lixo e o lixo para verter neles.
3ºA. Clasificando o lixo.
Pegando o lixo.


O resultado foi o seguinte:


3º A
3º A


 @s nen@s de 1º A e 1º B pensaron un montón de ideas para mellorar o mundo e fabricaron a súa propia máquina para solucionar problemas.

Ideas:

" Pintar as casas de cores para sentirnos máis alegres"
" Xuntar ladrillos para construir escolas "
" Darlle libros doutros anos aos pobres "
" Regar as prantas e os campos para que luzan bonitos " 


Unha máquina para fabricar diñeiro. 1ºA
O recolledor do mundo.

1º A. O sol que quenta as árbores.
1ºA. Ensinando as nosas máquinas.
1ºA. O Bosque bonito.


Ademáis repoboamos un bosque de árbores taladas coa ilusión de que os nosos bosques luzan verdes e fermosos.
Sara 1ºB
1ºB
1ºB. O bosque dos desexos.

Os alumnos e alumnas de 1º da ESO tamén colaboraron  coas suas ideas:
 
"Coches que se movan con auga"
"Non ao maltrato e as drogas"
"Multas para os políticos de suban os impostos"
"Utilizar máis as enerxias limpas"

Alumnos 1º ESO

Ademáis dividímonos en grupos e simulamos un xuizo no que unha parte eran avogados e a outra victimas. A actividade foi bastante confusa, era un grupo moi grande e costoume levalo, pero deixáron unha mensaxe en video co resultado:


 
Moitas grazas a tod@s @s nen@s de 1º e 3º A e aos mestres e mestras do centro pola súa colaboración no proxecto " 2015 IDEAS PARA CAMBIAR O MUNDO ".