jueves, 29 de noviembre de 2012

A MÁQUINA DE ARRANXAR PROBLEMAS


                 O 27 de novembro o alumnado do CEIP As Bizocas de O Grove participou nos talleres. Comecei cos cursos 1º, 2º e 3º de Primaria, e mirade cantas novas ideas aportaron ao proxecto.
3º Primaria. Deseñando máquinas.
 
E aportaron as súas ideas:
“Donde non haxa escolas daranse clases nas casas dos habitantes”
“ Retirar as armas do mundo”
“ Montar prantas potabilizadoras de auga”
“Respetar aos animais”

3º primaria.


Mirade que máquina de reciclaxe:

1º primaria
     Nótase que o colexio está situado nun entorno privilexado, dende as súas aulas vese a Praia da Balea e a Illa de Ons, por eso preocúpalles moito coidalo.
Rematamos posando xunto as nosas máquinas:
1º,2º e 3º primaria.


A seguinte sesión foi c@s cativ@s do colexio, conteilles un conto e tamén quixeron expresar as súas ideas:

“ Non talar as árbores”
“Non arroxar lixo onde non debemos”
“Limpar os montes”


Ademáis pintaron uns patiños moi especiais e debuxaron as súas ideas para merorar o mundo.

A terra hai que coidala.

 
                  Recortamos os patiños e ...
                                              
                              … pegámolos nun mural.
Mirade o resultado:
21 patiños coas ideas para cambiar o mundo d@s nen@s de infantil.
Reamatei a mañá cos cursos de 4º, 5º e 6º de primaria, están moi concienciados dos problemas que ten o mundo e traballamos co DEREITO A IGUALDADE.
Ideas:
"Crear máis postos de traballo "
" Que non desafiucen as familias"
"Igualdade de xénero" 
 
Posan orgullos cos seus traballos, tan boas ideas en tan pouco tempo era misión difícil.
                                    
                                   
                    



Non ao machismo.

                                                  
"Todos somos amigos inda que non vivamos xuntos".
                                           
 
"Empregar ben o diñeiro".
Despídome pero non antes de agradecer a tod@s a súa colaboración no proxecto, e moitas grazas polo tarxetón co que me agasallaron @s nen@s do colexio.
 


Fíxome moitísima ilusión.



 





 


No hay comentarios:

Publicar un comentario