viernes, 16 de noviembre de 2012

IDEAS PARA CAMBIAR O MUNDO



         O venres 16 de novembro, tiven a sorte de contar coa colaboración d@s nen@s de 4 e 5 anos  do CEIP Canicouva de Vigo para atopar posibles solucións  aos problemas do mundo.




         O Señor Mundo chegou triste ao colexio, pero grazas a tod@s  marchou  con moitas ganas de seguir buscando nen@s que lle axuden con novas e grandes ideas.




@s nen@s de 5 anos explicaron as súas ideas e…

…enviámoslle unha carta ao Señor mundo en representación d@s nen@s de todos os países.



   


               Ideas coma non tirar xoguetes ao mar, quitarlle os motores aos barcos para que non contaminen ou construir máis grifos para que a auga chegue a todos os rincóns do planeta.

5 anos A.
5 anos B.


         Tamén @s nen@ de 4 anos aportaron as súas ideas e as gardaron nun botiquín especial que contén moitas ilusións para coidar o noso mundo.

 “ Mediciñas para que ó mundo non lle doa a barriga por comer lixo”

“ Mazás e peras para tod@s”

“Regalarlle ao mundo un sol para que este ledo”

“Montar unha tenda de campaña para todos os que non teñen casa”






Un botiquín onde cabe toda a imaxinación.


4 anos.


         Xa é a hora de despedirme pero non, sen antes agradecer @s nen@s o seu entusiasmo e participación, e @s mestres e mestras do centro o intenterese  en realizar o proxecto   2015ideas para cambiar o Mundo” nas súas aulas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario