martes, 27 de noviembre de 2012

OS ANIMAIS EN PERIGO DE EXTINCIÓN



O día 26 de novembro volvín ao CEIP O PROGRESO en Catoira. Unha vez máis acolléronme nas súas aulas  e participaron activamente nos talleres.

Comezamos c@s alumn@s de 3ºB,  despois de explicar os problemas que ten o mundo contáronme grandes ideas para solucionalos.
Preocúpalles a natureza e moito os animais en perigo de extinción, entón decidimos facer un mural con especies en perigo para colgar no colexio.





Ideas:

“ Cubrir A Isla Sucia cun prástico xigante para que non entre o lixo”
“Recoller a auga da choiva nunha gran botella cun grifo, para repartir por todo o mundo”
“Un barco escola que surque os mares"
“Unha batidora xigante que filtre o sal da auga e sexa potable”
3ºB. Animais en perigo de extinción.
 

Fixádebos nos detalles.
E o resultado final:
3º B
Cos grupos de 2ºA e 2º B fixen a actividade “Un agasallo para O Señor Mundo”
Repartín unas tarxetas nas que había palabras e outras con frases dos dereitos da infancia para que debuxaran  as súas ideas.



“Que beban y comas todos”


"Unha nube que rega a todo o mundo"


"Ir ao bosque cun sombreiro a vixiar que se cuiden os animais"
E ao final posaron todos
2ºA


2º B

“Facer medicamentos coas frores” " Regar as prantas " " Cambiar unha rá por unha fror" " Auga da choiva para os prados"
2ºB


Rematei o día c@s alumn@s de 2º de ESO.
       Tamén aportaron novas e orixinais ideas ao proxecto. Agradecer a súa mestra Aia Prego adicar tempo da súas clases para preparar a actividade.
Cando cheguei xa tiñan as ideas moi claras, dias antes traballaron coa mestra na aula.
"Non recortar na educación e a sanidade"
" Maís poder para a xente do pobo"
" Dar traballo en vez de quitalo"
2º ESO


E deixáronnos un video:

(As risas son polos nervios, non bromeamos con temas serios)
 

2º ESO


Agradecer con toda sinceridade aos mestres e mestras do centro, e ao alumnado a súa participación no proxecto.  Grazas por facer que me sentise coma na miña casa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario