jueves, 22 de noviembre de 2012

MENUDAS IDEAS


     Os días 21 e 22 de novembro contei coa axuda d@s nen@s do CEIP DE RUBIANS.
     Tíñamos un labor difícil xa que foron moitas as ideas recollidas noutros centros pero, una vez máis sorprendinme gratamente coa implicación e as ganas que puxo o alumnado.
Unha imaxe vale máis ca mil palabras. 4 anos


    Escoitamos o conto, “ Hai que cuidar o Mundo “ esta é a mensaxe que dende O Mundo Pato trasmitíuselle aos nenos de infantil.
   Patochín e Patochón coa súa diferente forma de coidar O Mundo.
"Hai que coidar o mundo". www.milcuentos.com.
Escoitamos o conto e aquí as novas ideas: " Que os camións do lixo recollan todo" "Construímos colexios de plastilina" e " Unha mangueira xigante que apague as lapas"


Raúl 3 anos.
 E tamén coloreamos nosos patiños:
Mateo 3 anos co seu debuxo de Patochín.

4 anos.



@s nen@s de 5 anos deseñaron as súas ideas:
Laura 5 anos. "Salvade aos paxariños.




5 Años.

" Mercarlles auga as nubes"
"Conservar as árbores porque senon non hai osíxeno"
"Xuntar as mans para que haxa paz"


Con ideas coma estas O Mundo estará moi ledo.


 

                                                                

                                                





@s nen@s de 3º de primaria aportaron as súas ideas:
" Non matar animais"
" Cubrir as chemineas das fábricas"
" Acabar cos recortes ao pobo "
" Que os fumes non contaminen "
E logo clasificamos os seres vivos:
3º Primaria




 @s nen@s de 1º de primaria descubriron a importancia do              " Dereito a unha identidade e unha nacionalidade"
Durante a sesión olvidámonos dos nosos nomes e pasamos a ser:
o neno de laranxa, a nena de kitty, a nena do lazo vermello ....



1º Primaria.

  E finalicei o día c@s nen@s de 2º de Primaria.

              " Os dereitos da infancia"

        Despois de analizar os dereitos da infancia e de comprender que tamén temos obrigas, decidimos facer un mural dun mar con peixiños de cores con mensaxes. Ademáis coloreamos debuxos de nenos e nenas doutros paises, xa que os dereitos son iguais para tod@s sen importar a nacionalidade.




Ideas:

" Explicar que o colexio e divertido"
" Coidar os bosques"
"Non prender lume"
" Que en todos os paises haxa hospitais"

Alumn@s de 1º diante do seu mural.
O mar dos dereitos. 1º Primaria

 Grazas ao alumnado polo voso traballo e aos mestres e mestras do centro pola súa colaboración.

No hay comentarios:

Publicar un comentario