miércoles, 21 de noviembre de 2012

Máis e máis ideas

            O 20 de novembro desplaceime ao CEIP Cabada Vázquez na procura de novas ideas para cambiar O Mundo.

            Comecei c@s alumn@s de 4 e 5 anos, moi entusiasmados propuxeron as súas ideas:
       " Limpar o mundo cunha esponxa "
       " Construir pezas no colexio para enviarlle aos paises pobres para construir colexios"

Deseñando ideas



Outra idea: " Facerlle un debuxo ao Señor Mundo "









Que o mundo baile.

Estes nenos e nenas saben cales son as cousas que lle fan felices, asdescubrín que cando se portan ben síntense así, tamén cando comen as chuches e o chocolate e cando están cos avos.
Fixemos unha Pócima Máxica

Un pouco de contos pola noite,

unha pizca de tortilla,
herba fresca,
bonecos para todolos nenos,
frores de cores e
papeis e follas máxicas

Máis e máis ideas.

 @s máis cativos@s do colexio tamén tiveron  ideas:




 

" Contarlle a tod@s @s nen@s que o cole é divertido "

" Fabricar colexios de plastiliña"

" Que as mediciñas cheguen a quen as precise "




E o resultado final:

 Un agasallo para O señor Mundo.



Rematei o día cos cursos de 4º e 6º de primaria, mostráronse moi participativos en todo momento, e pensaron moitísimas ideas. Dividín a clase en parellas e cada parella traballou un tema das ideas que xurdiron.
!Moito pensaron ¡

As súas ideas:

" Repartir as tarefas nos fogares"

"Doar mediciñas"
" Mesmos soldos para homes e mulleres"
" Reutilizar todo o que se poida para non esgotar os recursos naturais"
"Non ir moi rápido cando conduces"
" Ir camiñando ou en bicicleta"
"Non ir en barco"

E finalizamos debuxando as ideas en cartuliñas:


4º Primaria

 
6º Primaria



Moitas grazas a tod@s, ao alumnado e mestras, coa vosa axuda sumamos moitas máis ideas para conseguir un mundo mellor.































No hay comentarios:

Publicar un comentario