O venres 14 de decembro contei coa colaboración do alumnado do CEIP San Isidro en Neda..
O
alumnado de 5º de primaria adaptou letras de cancións coñecidas e inventou
novas a favor de cambiar O Mundo.
“Baixar o soldo aos futbolistas"
“Maís colexios e hospitais públicos”
“Non tirar o diñeiro nin a comida”
Agora cóntanolas eles:
@s nen@s de 5 anos tamén moi comprometidos co entorno
e coa natureza, contáronme as súas ideas para
cambiar O Mundo. Escoitamos un conto "Hai que coidar o mundo", e pintaros aos protagonistas.
“Coidar o planeta”
Clase de 5 anos posando cos seus debuxos.
Na aula de 3º de primaria, a imaxinación d@s alumn@s
deixáronme de recordo una serie de ideas e debuxos para acadar a nosa finalidade,
axudar a cambiar ao Mundo. E entre todos fixemos un libro de recordo.
Grazas polo voso traballo, e aos mestres e mestras do centro educativo pola súa colaboración.
No hay comentarios:
Publicar un comentario