Os días 3
e 10 de decembro o alumnado do CPI Xulia Becerra Malvar en Ribadumia contoume as súas ideas para cambiar O Mundo.
Comecei o día ca clase de 4 anos, ao principio mostráronse tímidos e non tiñan ideas pero a medida que pasaba o tempo ...
" Recoller a auga da choiva"
"Ponerlle tapóns nas chimineas das fábricas para que non contaminen"
A continuación fixemos con plastiliña un entorno natural, con árbores, patiños na auga ...
E este foi o resultado:
Se vos parecian boas as ideas destes cativos, mirade as dos alumnos e alumnas de 2º de primaria.
"Respetar as normas de tráfico"
"Crear traballo para quen non o ten"
" Non queimar o monte"
" 2º B "
E máis ideas coa clase de 5 anos:
@s moz@s de 5º de primaria contáronme as súas ideas e fixeron un periódico con boas noticias.
5º A
"Menos recortes en sanidade e educación"
"Limpar os escrementos"
"Non as guerras"
"Que os ricos compartan cos pobres"
5º B
"Prioridade no gasto público" "Devolver os cartos roubados" "Cambiar o presidente" " Prohibir as armas químicas "
Tamén @s moz@s de 3º da ESO e PDC aportaron as súas ideas. Traballamos cos obxectivos do milenio, concretamente "IGUALDADE". Analizamos anuncios da tv e mostráronse moi comprometid@s coa causa.
E deixaron as súas mensaxes:
Moitas grazas pola vosa participación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario